Este luns 20 de abril, o equipo coordinador do Contomar ten preparada unha sesión dedicada aos contos e ás cancións do proxecto musical de Almudena Janeiro “Contos en cantos“. Coma sempre, a actividade comeza ás 18:00 horas e está pensada para nenos e nenas a partir de 3 anos acompañados das súas familias.
No Contomar da semana pasada estiveron con nós 28 nenos e nenas que viñeron escoitar a Xiana, Almudena, Victor e Cris, que contaron os contos “Un día na neve”, “O oso e a solidaridade”, “Fiz, o coleccionista de medos” e “Tío lobo”, respectivamente. Estas son as imaxes.