Imos á Lúa?

O mércores 14 de outubro, na sesión de dinamización lectora da Casa da Lectura, falaremos da Lúa e de diferentes maneiras de chegar a ela. Queredes descubrilas? Pois vémonos ás 18:00h!

A biblioteca estará aberta de 17:30h a 18:00h para o préstamo de libros. 

A semana pasada inauguramos a tempada coa escaleira dos contos, unha sesión na que, entre contos e retos literarios, puidemos chegar ao máis alto e descubrir un montón de historias.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *