Un grupo heteroxeneo de lectores e lectoras de Espazo Lectura manterá mañá domingo un encontro público co escritor Agustín Fernández Paz no salón do Culturgal (a Feira das Industrias Culturais Galegas) que se celebra estes días no Pazo da Cultura de Pontevedra. Os lectores e lectoras entrevistarán ao escritor ás 13,00 h, mantendo con el un debate sobre os seus libros que será moderado pola xornalista María Solar. Os participantes pertencen a distintos tres tramos de idade e son habituais de distintos clubs de lecura: Lendo Contigo (de carácter infantil), Comando Le (para adolescentes) e Club de Lectura Sete Vidas (para adultos). Deste xeito, quedan representados no acto os diferentes tipos de lectores e lectoras que acceden aos libros de Agustín Fernández Paz. Trátase do segundo ano que Espazo Lectura mantén unha colaboración coa organización do Culturgal, logo de que o ano pasado se celebrase un encontro co escritor Manuel Rivas, tamén a cargo de Espazo Lectura.
Aproveitamos para recomendar a visita ao Culturgal, que mañá domingo celebrará o seu día máis intenso. Toda a programación pode consultarse na web do Culturgal ou descargarse aquí en pdf).
Actualización 23:00 h.
Reproducimos unha fotografía do acto.
[…] e lectoras de Gondomar trasladáronse a Pontevedra, a petición da organización do Culturgal, para manter un encontro público en directo con Agustín Fernández Paz no transcurso da Feira das Industrias Culturais. Finalmente, en […]