Este luns, 7 de novembro, retomamos as sesións de contacontos do Contomar. Nesta ocasión leranse, entre outros títulos, O meu avó Carmelo, Cómo reconocer a un monstruo e Area fai seis.
A actividade, aberta a nenos e nais/pais que queiran participar, comeza ás 18.00 horas na Biblioteca Municipal de Gondomar.
Velaquí algunhas imaxes da sesión do 24 de outubro.