Na véspera do Día do Libro, este mércores 22 de abril, teremos unha sesión de dinamización lectora especial na Casa da Lectura. O poeta, escritor e contacontos Miguel Ángel Alonso Diz estará con nós a partir das 18:00h. Da súa voz coñeceremos “O valente coello que quixo soñar“, “O soño de Esther” e “O cullarapo Croque“, fermosos libros escritos por el e ilustrados por Luz Beloso. Como remate, Miguel Ángel sorprenderanos cunha actividade de pintar con luz na escuridade!!
O mércores pasado tivemos unha sesión musical na Casa da Lectura. Cantamos, contamos e mesmo fixemos un xardín enteiro de flores multicolores. Estas son as imaxes dese día.