O Lecturas Debuxadas proponnos unha viaxe á realidade sociopolítica de Corea do Norte


O martes 22 temos unha nova cita co club de cómic Lecturas Debuxadas. Nesta ocasión, o cómic que centrará a charla será Pyonyang, de Guy Delisle, publicado por Astiberri. Será na Biblioteca Municipal de Gondomar a partir das 20.00 horas.

Pyongyang permitiranos descubrir como é a vida en Corea del Norte vista por un debuxante canadiano que marcha traballar como supervisor de debuxos animados europeos realizados na capital norcoreana. Estamos ante un libro que reflicte de forma maxistral o día a día nun dos reximes totalitarios máis cerrados do mundo. As sorprendentes anécdotas que conta o autor, serven de contrapunto fronte ao horror da ditadura. Pyongyang é unha reportaxe apaixonante realizada por un autor dotado dunha mirada aguda e nada compracente.

2 comentarios

  1. Ola.

    Ademais deste libro, outro sobre Corea do Norte que conta moitas cousas deste estraño e (baixo o meu punto de vista) aberrante “entidade política” é “Diarios de Corea” de Bruno Galindo. Está na Editorial Debate- Viajes.

    O libro xa é de 2007, pero como en Corea do Norte aparentemente non se move nada…

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *