O Lendo Contigo comeza a tempada con Dona Problemas

Como cada mes de outubro, o Lendo Contigo comeza unha nova tempada repleta de lecturas. A primeira será Dona Problemas, de El Hematocrítico, editada por Xerais.

A Carlota todo o mundo a coñece con ese alcume, porque se dedica a resolver os incidentes dos alumnos e alumnas do seu colexio. Saberá resolver todos os problemas? Animámosvos a ler o libro e descubrilo! 

A sesión será o sábado 28 de outubro, ás 12:00h, na Bibiblioteca Municipal de Gondomar. Ademais, teremos a sorte de contar coa presenza do autor, Miguel López, El Hematocrítico. 

Agardámosvos!

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *