O Lendo Contigo comeza o ano cunha sesión de cine

O club de lectura compartida Lendo Contigo celebra este sábado a primeira sesión deste novo ano. Nesta ocasión a obra escollida é Unha veciña de película, de Iria Misa (Xerais).

Nesta historia acompañamos aos xemelgos Elsie e Simón a vivir aventuras tan só imaxinables na gran pantalla. Queredes vir con nós?

A sesión será o sábado 20 de xaneiro, ás 12:00h, na Biblioteca Municipal de Gondomar, e contaremos coa presenza da autora. 

Agardámosvos! 

Na sesión de decembro disfrutamos da banda O caderno de rama, de Anxel con Xe (Xerais), e realizamos un obradoiro de debuxo co autor. Podedes ver o ben que o pasamos na seguinte ligazón: 

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *