Este próximo sábado 25 de marzo, na sesión do Comando Le, teremos un obradoiro de poesía con Anxo Iglesias arredor do seu libro “Unha nova dimensión“, obra gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2022. A cita será na Biblioteca Municipal de Gondomar de 20:00h a 22:00h.
Deixamos a continuación as imaxes da sesión de febreiro, na que contamos coa presenza de Andrea Maceiras para falar do seu libro “Que me pare o corazón se te esquezo“: