En marzo, poesía e Unha nova dimensión no Lendo Contigo!

No mes da poesía, o club de lectura compartida Lendo Contigo celebra a súa sesión coa obra Unha nova dimensión, de Anxo Iglesias (Xerais), gañadora da 37º edición do Premio Merlín de Literatura Infantil.

Nesta sesión desfrutaremos da poesía co autor do libro, que estará con nós na actividade. Será o sábado 25 de marzo, ás 12:00h, na Biblioteca Municipal de Gondomar. 

Agardámosvos!

Deixámosvos as imaxes da sesión do mes de febreiro, na que a obra proposta foi Axente X.99, de Gianni Rodari (Kalandraka). Podedes ver as fotografías da sesión na seguinte ligazón:  

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *