Rosa, no Club Lecturas Debuxadas

O martes, 21 de novembro, teremos unha nova sesión do Club Lecturas Debuxadas onde a obra proposta é Rosa, de Gaëlle Geniller (Ediciones La Cúpula). Rosa é un rapaz de 19 anos que creceu nun cabaret en París, nos anos 20. E Rosa necesita expresarse, precisa bailar. E vai ser a sensación da noite parisina.

A sesión terá lugar na Biblioteca Municipal de Gondomar ás 20:00h e, se non podes acudir, poderás participar mediante videoconferencia. Para recibir o enlace envía un correo a lecturasdebuxadas@gmail.com.

Agardámoste!

O martes pasado (17 de outubro) tivo lugar a primeira sesión do Lecturas Debuxadas desta tempada. 

A obra que nos convocou foi IN. de Will McPhail (Norma editorial) na que un xoven ilustrador vese incapaz de conectar coa xente. Ao longo da lectura vai mudando e amosando un mundo interior que enche de matices a realidade e nós, no club de lectura, expuxemos todas as percepcións e interpretacións que suscitaron en nós as diversas situacións. Falamos da incapacidade de comunicación que temos os seres humanos, o protagonista fíxonos de espello, da impostura do protagonista e dos seus mundos interiores.

Foi unha sesión moi interesante e debatemos moito sobre os diversos puntos de vista que suscitou en nós.

Estabamos 14 persoas na Biblioteca e 2 máis on-line (lembrámosvos que podedes participar tamén por videoconferencia).

Aquí tedes as fotos da sesión:

IMG_7837

Beatriz Núñez, coordinadora do Club Lecturas Debuxadas

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *