Contomar este luns 28 de novembro

O próximo luns 28 de novembro, ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos na Biblioteca Municipal de Gondomar.

Na sesión anterior recibimos a visita de dúas mestras do CEIP Da Cruz-Camos, centro educativo socio-protector de Espazo Lectura e ao que queremos agradecer a súa participación e colaboración con nós. Raquel e Yaiza contáronnos:

– Unha cor propia (Kalandraka).

– Bonobos con lentes (Kalandraka).

– Iriña bailarina (Embora).

– Grisela (Kalandraka).

Deixámosvos a continuación algunhas imaxes dese día:

IMG_5895

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *