Co fin de fortalecer e consolidar a estrutura organizativa de Espazo Lectura, a Asemblea Xeral da asociación aprobou no pasado mes de marzo a creación do Consello Operativo, un órgano instituído a través do Regulamento de Réxime Interno. O Consello Operativo é un órgano de debate que terá a misión de avaliar as liñas de traballo de Espazo Lectura, xerar o debate interno e realizar propostas de actuación cando o considere conveniente. Outra das finalidades do Consello Operativo é procurar a integración das persoas do ámbito de traballo da asociación nas liñas estratéxicas que marcan os estatutos de Espazo Lectura, así como a súa familiarización cos obxectivos da asociación.