O 22 e 23 de outubro Concha Costas, presidenta de Espazo Lectura, participa en Bilbao nas xornadas “A LIX como elemento de aprendizaxe e convivencia“ encadradas no proxecto Pequeños lectores, grandes mundos desenvolvido conxuntamente pola editorial Ibaizabal e o centro cultural e de ocio Alhóndiga Bilbao, sede das xornadas.
Será na tarde do 22 de outubro cando Concha Costas interveña na mesa redonda titulada “Experiencias de mediación lectora en LIX” para expoñer o proxecto de Espazo Lectura.
Espazo Lectura compartirá mesa con outras iniciativas de fomento da lectura de diferentes puntos do Estado, como o programa Leer juntos de Ballobar (Huesca), Municipi Lector do Consell de Lectura de Catalunya ou Liburuen altxorra de Galtzagorri elkartea.
Na páxina web de Pequeños lectores, grandes mundos pódese consultar toda a información sobre as xornadas.
[…] chaman a atención nos distintos foros onde a asociación foi convidada a presentar o seu proxecto (Bilbao, Huesca, A Coruña, Porto, Santiago de Compostela, León, etc, etc) é que se poida levar a cabo […]