A asociación Espazo Lectura recibiu o Premio Follas Novas do Libro Galego na categoría “Iniciativa cultural ou de fomento da lectura”, ao que tamén optaban As comadres das letras e a Revista O Papagaio (o xornal da xente miúda).
Yaiza Peixoto, presidenta da entidade, recolleu o galardón na gala celebrada o pasado 11 de maio no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
Desde Espazo Lectura estamos moi contentas por recibir este recoñecemento e queremos agradecer o traballo de todas as persoas e institucións que apoian o proxecto: voluntariado, familias, socios protectores, autores e autoras, contacontos, compañías teatrais e musicais, librarías, así como ao Concello de Gondomar.
Premendo aquí podedes acceder ao vídeo da entrega do premio.