O sábado 22 de febreiro o club de lectura compartida Lendo Contigo celebra a sesión de febreiro coa obra Milú e o edificio das personas extraordinarias, de Abel Tomé (Xerais), Premio Merlín de Literatura Infantil do ano 2024.
Milú vive coa súa nai no edificio Les Marginaux, na cidade de Parisia. Alí, todos os veciños e veciñas teñen un don que os fai extraordinarios. Queredes coñecelos?
Agardámosvos o sábado 22 de febreiro, ás 12:00h, na Biblioteca Municipal de Gondomar. Contaremos coa presenza do autor.

No mes de xaneiro lemos O grande aviario e visitounos a súa autora, Eli García, coa que fixemos un pequeno obradoiro de debuxo. Podedes ver as imaxes da sesión na seguinte ligazón: