O Contomar inicia a tempada o vindeiro luns

O Contomar de Espazo Lectura inicia unha nova tempada o vindeiro luns 2 de outubro ás 18:00 horas na Biblioteca Municipal de Gondomar.

As sesións de contacontos lévanse a cabo na Biblioteca Municipal de Gondomar todos os luns ás 18:00h, desde outubro a maio (agás os períodos de vacacións escolares).


Esta actividade está dirixida a nenas e nenos a partir de tres anos acompañados dunha persoa adulta.

Agardámosvos!

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *