Espazo Lectura xa está a preparar a programación de actividades tras o descanso do verán.
A inauguración do “curso” será o mércores 30 de setembro, día en que a Casa da Lectura volverá abrir as súas portas de 17.30 a 19.30 con actividades de dinamización a partir das 18.30 horas.
Xa en outubro arricará o resto da programación estable:
- o día 5 comeza a nova tempada do Contomar, que se vai celebrar, como vén sendo habitual, todos os luns a partir das 18.00 horas na Biblioteca Municipal de Gondomar
- os diferentes clubs de lectura (Lendo Contigo, Sete Vidas, Lecturas Debuxadas…) terán lugar ao longo do mes no seu horario e lugar habituais
Ao longo dos vindeiros días iremos informando polo miúdo do inicio de cada unha destas actividades e tamén doutras novidades.
Espazo Lectura volve abrir as páxinas dos libros, a quen lle apetece ler?