“O paso do noroeste” de Queipo e Primitivo na sesión compartida do Lecturas debuxadas e do Sete vidas

 O martes, día 12 de marzo a obra que trataremos será O paso do Noroeste. As aventuras do capitán Duchesnoy, Queipo e Primitivo (Editorial Galaxia).

Esta banda deseñada parte da obra de Xavier Queipo O paso do Noroeste (Premio García Barros de Novela, 1996) editada daquela por Sotelo blanco e, reeditada recentemente por Aira editorial para conmemorar o XXV aniversario da publicación.

No século XVIII un buque francés ao mando do capitán Duchesnoy inicia unha épica travesía na procura do mítico paso de Noroeste, a ruta entre o Atlántico e o Pacífico a través do Ártico. Un relato pleno de aventura, emocións, descubertas e coñecemento.

Contaremos coa presenza dos autores, Xavier Queipo estará de maneira presencial na Biblioteca Municipal e Primitivo Marcos faráo mediante videoconferencia.

A sesión terá lugar na Biblioteca Municipal de Gondomar ás 20:00h e, se non podes acudir, poderás participar mediante videoconferencia. Para recibir o enlace envía un correo a lecturasdebuxadas@gmail.com.

Agardámoste!

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *