As nosas redes

Próximos eventos

Xaneiro 2026
Xan 14
14 Xaneiro 2026

Actividade de dinamización lectora dirixida a nenas e nenos de 3 a 10 anos

Xan 19
19 Xaneiro 2026

Contacontos para nenos e nenas de 3 a 9 anos.

Xan 20
20 Xaneiro 2026

"Libro por determinar", autor/a (Editorial). Contaremos coa presenza do autor?.

Contomar

Actividades xaneiro 2026
11/01/2026
Contomar, este luns 12 de xaneiro
11/01/2026O próximo luns 12 de xaneiro, ás 18:00 horas, primeira sesión do ano do Contomar na Biblioteca Pública Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos.Na sesión anterior contamos:– Un ano enteiro (Kalandraka).  – Soño de neve (Kalandraka).  – Os fantasmas non petan na porta (Algar).  – Cando Martiño tivo ganas de mexar a noite de Reis (Kalandraka).  – Sempre Nadal (Triqueta Verde).  – A mellor sopa do mundo (Kalandraka).  Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión:  [...]
Última sesión do ano do Contomar
13/12/2025O próximo luns 15 de decembro ás 18:00 horas, última sesión do ano do Contomar na Biblioteca Pública Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Na sesión anterior contamos: – A gran fuxida (Belagua Ediciones). – Amelia quere un can (Kalandraka). – Non quero ser un polbo (OQO). – Crias de animais. Quen son? Europa (Kalandraka). Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión: [...]
Contomar, este luns 1 de decembro
30/11/2025O próximo luns 1 de decembro ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Na sesión anterior contamos: – Luuume! (Antela Editorial). – Esperando o amencer (Kalandraka). – Chuvisca (Kalandraka). – As caras da miña choiva (Galaxia). –  Despois da chuvia (Kalandraka). Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión:  [...]
Contomar, este luns 24 de novembro
24/11/2025Este luns 24 de novembro ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Na sesión anterior contamos e cantamos: – Monstro Azul (Apila ediciones).  – Rumba das apertas (A nena e o grilo) de Magín Blanco.  – Iriña bailarina (Edicións Embora).  – Imos bailar (Ola! Ola! La!) de Mamá Cabra.  – O pirata pata de lata (Kalandraka).  – Pirata metepata (Cantando conmigo) de Mamá Cabra.  – Piratas (Toc Toc) de Pablo Díaz.  – Pete o gato (Lata de sal).  Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión:  [...]
Contomar, este luns 17 de novembro
16/11/2025O próximo luns 17 de novembro ás 18:00 horas terá lugar unha nova sesión do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar, dirixida a nenas e nenos de 3 a 9 anos. Nesta ocasión, cantaremos cos contos Monstro azul, Iriña bailarina e O pirata pata de lata, ademais de gozar con algunha que outra sorpresa máis. Todo isto da man de Anxo Iglesias e Pablo Rial. Agardámosvos! Na sesión anterior contamos: – O gato montés (Triqueta Verde). – Que roubo máis boubo (OQO). – Xela, aventura na fraga. – Onde estás, Caracol? (OQO) Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión: [...]
Contomar, este luns 10 de novembro
09/11/2025O próximo luns 10 de novembro ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Na sesión anterior contamos: – Monstr3s (Patas de Peixe). – Noite de golpes (Kalandraka). – A bruxa regañadentes (OQO). – Corre corre, cabaciña (OQO). Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión: [...]
Contomar, este luns 27 de outubro
25/10/2025O próximo luns 27 de outubro ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Na sesión anterior contamos: – A voda do galo pinto (OQO). – Cono can (Patas de peixe).  – Ai! (Aira editorial).  – Violeta ás agachadas (Xerais).  – Unha unicornia (Xerais).  Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión: [...]
Contomar, este luns 20 de outubro
19/10/2025O próximo luns 20 de outubro ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Na sesión anterior contamos: –  Que precisa un gato pequeno? (Kalandraka). – Un banquete fabuloso (OQO). – Nicolás vai á biblioteca (Kalandraka). – A porqueira (NubeOcho). Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión:  [...]
Contomar, este luns 13 de outubro
12/10/2025O próximo luns 13 de outubro ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Na sesión anterior contamos: – A banda que ninguén coñece (Kalandraka). – O incrible neno devorador de libros (Patas de peixe). – Amigos (Kalandraka). – A señora A e o señor Z (Kalandraka). Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión: [...]
Volve o Contomar!
04/10/2025Chegou outubro e con el unha nova tempada do Contomar, sesións contacontos dirixidas a nenas e nenos de 3 a 9 anos e as súas familias. Vémonos o vindeiro luns día 6 de outubro ás 18:00h na Biblioteca Municipal de Gondomar para gozar de novos contos e historias. Agardámosvos! [...]
Actividades outubro 2025
28/09/2025
Actividades xuño 2025
01/06/2025
Peche de tempada do Contomar
25/05/2025Despois dunha tempada máxica chea de sapos, lobos, carteiros que non sabían ler, cincentas con zapatillas peludas, poesía, cans, banquetes fabulosos, música… o Contomar chega ao seu fin. O vindeiro luns 26 de maio, ás 18:00 horas, última sesión do Contomar desta tempada na Biblioteca Municipal de Gondomar. Na sesión anterior contamos: – Tío lobo (Kalandraka). – Irmáns (Algar). – Son calado (Hércules De Ediciones). – O soño do osiño rosa (OQO). – Os nenos porcalláns (Pepa a Loba). Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión: [...]
Contomar, este luns 19 de maio
19/05/2025O próximo luns 19 de maio ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Na sesión anterior contamos: – O carteiro que non sabía ler (Triqueta Editora) e Dona Carme (Triqueta Editora), en colaboración coa Libraría Libraida.  – A cabra boba (OQO) – Quero andar sen rodiñas (Kalandraka). – Cincenta e as zapatillas peludas (Xerais) Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión:  [...]
Contomar, este luns 12 de maio
10/05/2025O próximo luns 12 de maio ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Na sesión anterior cantamos e bailamos cos contos: – Chocolata (OQO). – Cocorico (OQO). – Todos fazemos tudo (Planeta Tangerina). – Pete o gato (Lata de Sal). Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión:  [...]
Actividades maio 2025
10/05/2025
Música e contos no Contomar
03/05/2025Como quedamos coas ganas de cantar e bailar, no Contomar este luns 5 de maio desfrutaremos dunha sesión especial de música e contos. Será na Biblioteca Municipal de Gondomar ás 18 horas, e desta volta nin o apagón universal poderá co Contomar! Cantaremos, bailaremos e contaremos entretidos contos que nos alegrarán a todos. Animádevos a participar! [...]
Paco Nogueiras no Contomar na Casa da Lectura!
26/04/2025O vindeiro luns 28 de abril, como última actividade da Semana do Libro e a Lectura 2025, poderemos desfrutar dunha sesión especial do Contomar. Prestade atención porque nesta ocasión será na Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas) ás 18 horas. Alí cantaremos e bailaremos coas divertidísimas cancións de Paco Nogueiras e seu novo traballo “Son animal” (Kalandraka). Daquela seguro que todos seremos un pouco máis animais e encheremos a Casa da Lectura de vacas, cadelos, burros, cabras, galiñas e outros moitos bechos cos que viaxaremos polo mundo a través de diferentes estilos musicais.  Non volo perdades e animádevos a participar! [...]
Semana do Libro e a Lectura 2025
07/04/2025
Actividades abril 2025
06/04/2025
Contomar, este luns 7 de abril
05/04/2025Este luns, 7 de abril, o Contomar recibe a visita dun grupo de mestres do CEIP Souto Donas (Gondomar), centro educativo socio-protector de Espazo Lectura.  Na sesión anterior recibimos a visita das mestras do CEP Neira Vilas de Gondomar, centro educativo socio-protector da asociación. Bego e Auri trouxéronnos unha sesión de poesía. Na seguinte ligazón podedes ver as imanes da sesión: [...]
Contomar, este luns 31 de marzo
28/03/2025Este luns, 31 de marzo ás 18:00h na Biblioteca de Gondomar, o Contomar recibe a visita dun grupo de mestras do CEP Neira Vilas de Gondomar, centro educativo socio-protector de Espazo Lectura.Na sesión anterior contamos: Paulo está de mal humor (Kalandraka). Algo pasa na casa do lobo (OQO). Gato cono (Patas de Peixe). Isto é moi estraño (Kalandraka). Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión: [...]
Contomar, este luns 24 de marzo
23/03/2025O próximo luns 24 de marzo ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Na sesión anterior contamos: Un banquete fabuloso (OQO) A horta de Simón (Kalandraka) A colleita de ratiño (OQO) Paxaros (Kalandraka) Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión:  [...]
Contomar, este 17 de marzo
15/03/2025O próximo luns 17 de marzo ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Na sesión anterior contamos: Pioneiras (Xerais). Chófer de sandías (Kalandraka). A guerra dos números (OQO). Cinco minutos de paz (Kalandraka). Oso banda (Xerais) Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión:  [...]
Contomar, este luns 10 de marzo
09/03/2025O próximo luns 10 de marzo ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Na sesión anterior contamos: Rosalía Pequeniña (Galaxia). Miña casiña, meu lar (Galaxia). A escaleira (OQO). Tomás o bromista (Kalandraka). A casa da mosca chosca (Kalandraka). Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión:  [...]
Actividades marzo 2025
03/03/2025
Contomar, este luns 24 de febreiro
21/02/2025O próximo luns 24 de febreiro ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Na sesión anterior contamos: – A rebelión da lectura (Cumio). – Riciños de ouro e os tres osos  (Kalandraka). – A ratiña presumida (BATA, Kalandraka). – Garavanciño (Kalandraka). Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión:  [...]
Contomar, este luns 17 de febreiro
15/02/2025O próximo luns 17 de febreiro ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Na sesión anterior contamos: – Un conto de cegoñas (Galaxia). – Xa non son malo (Antela). – Tarde de sapo (Kalandraka). – O señor Ramón e a Señora Ramona (OQO). Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión:  [...]
Contomar, este luns 10 de febreiro
08/02/2025O próximo luns 10 de febreiro ás 18:00 horas, nova sesión do Contomar na Biblioteca Municipal de Gondomar para nenas e nenos de 3 a 9 anos. Na sesión anterior contamos: – Esperando o amencer (Kalandraka). – A visita (Kalandraka). – Unha fábrica de bicos (Xerais). – Nariz de ouro (OQO). – Gaivota gourmet (Xerais). Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes da sesión:  [...]

Casa da Lectura

Clubs de Lectura

Actividades xaneiro 2026
11/01/2026
“A lei do mar” e “Trickstar. Postais desde as estrelas” no Sete Vidas 
02/01/2026O Sete Vidas comezará o 2026 con dúas lecturas. O próximo xoves 8 de xaneiro reunirémonos para comezar o ano falando das novelas A lei do mar (Xerais) e Trickstar. Postais desde as estrelas (Boadicea) co seu autor, Manuel Esteban. A lei do mar narra unha historia real sucedida no Mediterráneo, un mar que é a patria dos que non teñen fogar, un relato de morte e de supervivencia, de solidariedade e de egoísmo. Por outro Trickstar lévanos ao ano 2076, cunha Terra a piques de colapsar e a vida no espazo como única esperanza para a humanidade, cando a irrupción dun misterioso virus en África e unha nova tecnoloxía capaz de protexer da radiación cósmica conducirán a unha guerra de poderes. Dúas novelas moi diferentes, pero con temas en común. Manuel Esteban Será ás 20:00 na Biblioteca Municipal de Gondomar. Contaremos coa presenza do autor. [...]
“El Nirvana está aquí” despide o Lecturas Debuxadas de 2025
13/12/2025O club de cómic de Espazo Lectura despide o ano 2025 co libro El Nirvana está aquí de Mikael Ross de Astiberri. En Lichtenberg, un barrio de edificios prefabricados da cidade de Berlín, viven dous irmáns adolescentes de orixe vietnamita. Levan unha vida normal e tranquila ata que un día se atopan cunha misteriosa moza que está fuxindo e, sen pensalo moito, deciden axudala. Un thriller co tráfico de persoas como telón de fondo.         Na segunda parte da sesión contaremos coa presenza de Tokio para comentar a banda deseñada: A campá do “Rianxo”, que homenaxea a Moncho Reboiras no 50 aniversario do seu asasinato.         Na sesión anterior o cómic que protagonizou a sesión foi “A miña outra vida” de Miguel Rojo. Trátase en gran parte dunha obra autobiográfica, xa que conta a historia dun debuxante afeccionado, na crise existencial dos 40, angustiado polo paso do tempo e cunha sensación de certo fracaso por non ter aproveitado o tempo debidamente. Nas súas propias palabras o libro está dedicado “a todas aquelas persoas que pensan que non están vivindo a vida que soñaban vivir”.         A sesión terá lugar o martes 16 de decembro ás 20:00h na Biblioteca Municipal de Gondomar e, se non podes acudir, poderás participar mediante videoconferencia. Para recibir o enlace envía un correo a lecturasdebuxadas@gmail.com. Agardámoste! [...]
ÚLTIMA SESIÓN DO ANO DO COMANDO LE
09/12/2025Este vindeiro sábado 13 de decembro, ás 20:00h, os mozos e mozas do Comando Le teñen un novo encontro na Casa da Lectura. Será a segunda das sesións do G-BOOK3: European teens as Readers and Creators in Gender_positive Narratives” organizado pola UVigo no que colaboramos desde Espazo Lectura.             Co libro As alumnas de Paula Carballeira como protagonista tentaremos reflexionar e visualizar de maneira artística os conceptos claves do libro, facilitando unha lectura crítica desde a emoción e a creatividade que será dirixida, igual que o resto das sesións deste bloque, por Sabela Salgueiro (Traballadora Social, especializada en Saúde, Sexualidade e Xénero) e Leticia Costas (Divulgadora Científica especializada en acompañamento da mocidade a detectar e deseñar os seus talentos).             Á sesión anterior do Comando Le acudiron 20 rapaces e rapazas. A dinámica dirixida por Sabela centrouse na desmitificación do amor romántico e na prevención das ciberviolencias sexuais, tomando como punto de partida a identificación de estereotipos de xénero, a análise crítica de modelos de relacións e a comprensión das violencias presenciais e dixitais que afectan á mocidade. Vémonos na Casa da Lectura o sábado 13 de decembro! Universidade de Vigo ANILIJ Investigación – Instagram ANILIJ Investigación – Facebook Facultade Filoloxia e Tradución Sabela Salgueiro – Instagram Kidcode Academy [...]
O Lendo Contigo remata o ano con moitas preguntas
09/12/2025O vindeiro sábado 13 de decembro o club de lectura compartida Lendo Contigo celebrará a última sesión do ano co xogo “Porquelandia”, de Ledicia Costas e con ilustracións de Iván R., publicado por Triqueta Verde. Nesta ocasión contaremos con Iván R. para xogar, debuxar historias e para achegarnos ao oficio da ilustración. Será ás 12:00h na Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas). Agardámosvos! En novembro a lectura proposta foi “Puntiño e Borrón”, de Anna Taraska (Triqueta Editora). Durante a sesión probamos moitos xogos de lapis e papel, ampliamos as historias da nena Puntiño e escoitamos a mensaxe que nos enviou, desde Polonia, a mesmísima autora do libro. Deixámosvos aquí as imaxes da sesión:  [...]
Canta, buguina, canta!, sesión especial de Contos en Cueiros
07/12/2025O vindeiro venres 12 de decembro ás 18 horas teremos unha nova sesión de Contos en Cueiros, o contacontos para nenos e nenas de 0 a 3 anos. A sesión celebrarase na Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas), sede da Asociación Espazo Lectura. Será esta unha sesión moi especial, a cargo de Marta Ortiz, profesional da narración oral, co espectáculo Canta, buguina, canta! Canta para nenos e nenas, para viaxar xuntas en igualdade, con amor e respecto. Soprando a nosa buguina, comezaremos a viaxe polo mar. Visitaremos illas onde viven caracois, galiñas poñedoras e vacas. Regaremos a herba. Xogaremos coa marea que sobe e baixa. Cantaremos cancións sobre a lúa e faremos barcos de papel para continuar viaxando lonxe. A actividade precisa inscrición previa para poder respectar a capacidade da sala e o benestar dos asistentes á actividade. A entrada será, coma sempre, de balde. Criterios de inscrición: Contamos cun aforo limitado a 20 bebés acompañados de 1 persoa adulta. Os criterios de inscrición son os seguintes: – Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición. – Para inscribirse cómpre enviar un correo antes das 12:00 horas do mércores 10 de decembro a contosencueiros@gmail.com e facilitar: O nome do bebé. O ano de nacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2023 ou despois. O nome da persoa adulta que o vai acompañar. Un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera) En caso de ser socios/as de Espazo Lectura, o nome do socio/a – Lembrade que é importante facilitar todos os datos que se solicitan na inscrición. – Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza (este correo de confirmación non se enviará antes do remate do prazo de inscrición). Animádevos a participar! [...]
“As nais non” nun club compartido do Sete Vidas e Daquelas que Len
02/12/2025Este xoves 4 decembro o Sete Vidas e o Daquelas que Len reuniranse para compartir a última sesión do 2025. Falaremos da novela As nais non, de Katixa Agirre, traducida por Isaac Xubín e editada por Aira Editorial. A autora reflexiona sobre a maternidade e a creación nesta novela na que a historia dunha nai que supostamente afogou na bañeira os seus bebés xemelgos obsesiona a unha escritora que, no momento de parir o seu primeiro fillo, se decata de que coñeceu a suposta asasina cando eran mozas.  Será ás 20:00 na Biblioteca Municipal de Gondomar.  [...]
Violencias sexuais e amor romántico no Comando Le de novembro
27/11/2025Este vindeiro sábado 29 de novembro, ás 20:00h, os mozos e mozas do Comando Le teñen un novo encontro na Casa da Lectura. Será a primeira das sesións do G-BOOK3: European teens as Readers and Creators in Gender_positive Narratives”             Comezaremos coa sesión “Violencias sexuais e amor romántico” que será dirixida, igual que o resto das sesións deste bloque, por Sabela Salgueiro (Traballadora Social, especializada en Saúde, Sexualidade e Xénero) e Leticia Costas (Divulgadora Científica especializada en acompañamento da mocidade a detectar e deseñar os seus talentos). Agardamos aprender moito e pasalo moi ben nesta nova aventura.             Á sesión anterior do Comando Le acudiron 19 rapaces e rapazas con moitas novas incorporacións. Foi unha sesión de acollida e coñecérmonos. Fixemos varias dinámicas moi divertidas e tamén explicamos en que consiste a actividade e algunhas cousas das que fixemos na tempada pasada. Presentamos G-BOOK3 e algúns apuntamentos sobre a tempada que comeza. Tamén nos organizamos para crear equipos que vaian contar contos ás sesións dos mércores da Casa da Lectura ao longo desta tempada. En definitiva, xa está navegando o Comando Le 25-26. Vémonos na Casa da Lectura o sábado 29 de novembro! ANILIJ Investigación – Instagram ANILIJ Investigación – Facebook Facultade Filoloxia e Tradución Sabela Salgueiro – Instagram Kidcode Academy [...]
A nena Puntiño visita o Lendo Contigo
27/11/2025O club de lectura compartida Lendo Contigo reunirase o sábado 29 de novembro para celebrar unha nova sesión. Nesta ocasión a obra escollida é Puntiño e Borrón, de Anna Taraska (Triqueta editora). A nena Puntiño vive nun caderno con liñas e o que máis lle gusta é xogar e quedar con Borrón, o seu novo amigo. Un día, Borrón desaparece e Puntiño emprenderá unha gran viaxe por outros cadernos para atopalo.  A sesión será o sábado 29 de novembro, ás 12:00h, na Biblioteca de Gondomar. Agardámosvos, haberá unha sorpresa! Na sesión de outubro recibimos a visita de Anxo Iglesias co libro Tacón, punta, tacón (Xerais). Foi un comezo de tempada fermoso, cheo de palabras, música e poesía. Podedes ver as imaxes aquí: [...]
Quen levou a lúa? en Contos en Cueiros
21/11/2025O vindeiro venres 28 de novembro ás 18 horas teremos unha nova sesión Contos en Cueiros, o contacontos para nenos e nenas de 0 a 3 anos. A sesión celebrarase na Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas), sede da Asociación Espazo Lectura. Nesta sesión titulada Quen levou a lúa?, ademáis de contar, exploraremos as posibilidades da luz e as cores cos bebés. A actividade precisa inscrición previa para poder respectar a capacidade da sala e o benestar dos asistentes á actividade. A entrada será, coma sempre, de balde. Criterios de inscrición: Contamos cun aforo limitado a 16 bebés acompañados de 1 persoa adulta. Os criterios de inscrición son os seguintes: – Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición. – Para inscribirse cómpre enviar un correo antes das 12:00 horas do mércores 26 de novembro a contosencueiros@gmail.com e facilitar: O nome do bebé. O ano de nacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2023 ou despois. O nome da persoa adulta que o vai acompañar. Un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera) En caso de ser socios/as de Espazo Lectura, o nome do socio/a – Lembrade que é importante facilitar todos os datos que se solicitan na inscrición. – Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza (este correo de confirmación non se enviará antes do remate do prazo de inscrición). Animádevos a participar! [...]
A miña outra vida de Miguel Rojo no Lecturas Debuxadas de novembro
16/11/2025O martes, 18 de novembro, teremos unha nova sesión do Club Lecturas Debuxadas co libro A miña outra vida, do autor pontevedrés Miguel Rojo, Retranca Editora. Un debuxante afeccionado e coleccionista de cómics que vive amargado polo seu traballo e tenso polas fortes discusións coa súa muller e o seu fillo adolescente, afronta a crise dos 40 con angustia debido aos seus problemas de saúde e unha sensación cada vez máis forte de estar vivindo unha vida que non é a que soñaba vivir. Contaremos coa presenza de Miguel Rojo, debuxante da banda deseñada. A sesión terá lugar na Biblioteca Municipal de Gondomar ás 20:00h e, se non podes acudir, poderás participar mediante videoconferencia. Para recibir o enlace envía un correo a lecturasdebuxadas@gmail.com. Na sesión de outubro gozamos da lectura de La gran negación do autor Roberto Grossi que é un ensaio que expón o alcance do cambio climático, produto das emisións masivas de dióxido de carbono e do esgotamento dos recursos ambientais, así como o esforzo que a nosa sociedade fai por ignoralo, a Gran Negación á que se refire o título. Agardámoste! [...]
Orbital, no Sete Vidas, o próximo xoves 6
25/10/2025O Sete Vidas recibe novembro cunha nova sesión o próximo xoves día 6, na que falaremos da novela Orbital da escritora británica Samantha Harvey, traducida por Juan Manuel do Río e editada por Rodolfo e Priscila. Seis astronautas comparten os seus días e as súas noites dando voltas arredor da Terra a bordo da Estación Espacial Internacional. Cada un deles pasará alí uns nove meses, nove meses de ingravidez, nove meses coa cabeza inchada, nove meses vivindo como unha sardiña en lata. Forman parte dunha misión de rutina. Alá arriba, a catrocentos quilómetros de distancia, rexistran datos meteorolóxicos, fan experimentos, coidan da nave, practican deporte a diario e observan os continentes e as estacións, os glaciares e os desertos, os cumios das montañas e o movemento ondulante dos océanos.  Será ás 20:00 na Biblioteca Municipal de Gondomar.  [...]
O Lendo Contigo comeza a tempada con poesía!
22/10/2025Co mes de outubro chegan as castañas, a chuvia, o frío, o Samaín e… o Lendo Contigo! Esta tempada comezamos xogando coas palabras, cos sons e incluso co baile porque o libro escollido para a ocasión é Tacón, punta, tacón, de Anxo Iglesias (Xerais). Ademais, contaremos coa presenza do autor. Anxo Iglesias A sesión será o sábado 25 de outubro, ás 12:00h, na Biblioteca Municipal de Gondomar. Animádevos a participar! [...]
Comeza a tempada de Contos en Cueiros!!
17/10/2025O próximo venres 24 de outubro ás 18 horasterá lugar a primeira sesión desta tempada de Contos en Cueiros, o contacontos para nenos e nenas de 0 a 3 anos. A sesión celebrarase na Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas), sede da Asociación Espazo Lectura.  Nesta primeira sesión, titulada Que pasa cando lemos aos bebés?, presentaremos a actividade Contos en Cueiros, combinando breves explicacións sobre o proxecto Espazo Lectura, con contacontos e cancións para os bebés. A actividade precisa inscrición previa para poder respectar a capacidade da sala e o benestar dos asistentes á actividade. A entrada será, coma sempre, de balde. Criterios de inscrición: Contamos cun aforo limitado a 16 bebés acompañados de 1 persoa adulta. Os criterios de inscrición son os seguintes: – Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición. – Para inscribirse cómpre enviar un correo antes das 12:00 horas do mércores 22 de outubro a contosencueiros@gmail.com e facilitar: o nome do bebé o ano de nacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2023 ou despois o nome da persoa adulta que o vai acompañar un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera) en caso de ser socios/as de Espazo Lectura, o nome do socio/a – Lembrade que é importante facilitar todos os datos que se solicitan na inscrición.  – Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza (este correo de confirmación non se enviará antes do remate do prazo de inscrición). Animádevos a participar! [...]
“La gran negación” no Lecturas Debuxadas de outubro
16/10/2025O club de cómic de Espazo Lectura bota a andar unha nova tempada co libro La gran negacion do autor Roberto Grossi de la otra h. Esta gran negacion á que fai referencia o título non é outra que o cambio climático que pon en dúbida a propia supervivencia da humanidade. Ciencia, historia, política, etc. dan unha vision poliédrica deste desastre ambiental que nos sitúa ao borde do colapso. Capitalismo, ciencia, “outras opinións”…todo ao mesmo nivel e coa mesma credibilidade? A sesión terá lugar o martes 21 de outubro ás 20:00h na Biblioteca Municipal de Gondomar. e, se non podes acudir, poderás participar mediante videoconferencia. Para recibir o enlace envía un correo a lecturasdebuxadas@gmail.com. Agardámoste! [...]
O Daquelas que Len comeza a tempada con As Superviventes
11/10/2025O vindeiro sábado 18 de outubro o club Daquelas que Len comezamos esta nova tempada coa novela As Superviventes (Ed. Xerais), de Ramón Caride. Esta obra achéganos á historia de tres mulleres que coinciden casualmente na sala de espera dun hospital, e aos acontecementos que desencadea ese imprevisto azar nas súas vidas. Son loitadoras, superviventes, a pesar de ser veteranas de moitas guerras psíquicas, e levar sufrido agresións físicas, sociais e farmacolóxicas, non se consideran vítimas, e van seguir pelexando para non deixar de ser elas mesmas, ata as últimas consecuencias. Ramón Caride O libro abrangue temas tan controvertidos e de actualidade como a saúde mental, a crítica ao negocio da industria farmacéutica, o maltrato, o odio nas redes sociais… Todo desde unha perspectiva feminista de quen escribe que “cada home leva un cadáver de muller dentro, e cada muller leva consigo unha manchea de cicatrices por feridas de combate”. O encontro terá lugar ás 12h na Casa da Lectura (Donas) e contaremos coa presenza do autor. [...]
O Comando Le de Espazo Lectura está de volta
09/10/2025A primeira sesión da tempada do Comando Le terá lugar na Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas) o vindeiro sábado 18 de outubro, de 20:00h a 24:00h. Agardamos vérmonos de novo e tamén acoller a aquelas persoas que queiran incorporarse ao grupo. Nesta primeira sesión aproveitaremos para ver as fotos da tempada pasada, para falar, xogar, coñecérmonos mellor e coñecer as propostas para esta tempada. Por suposto, faremos unha cea compartida co que traian as asistentes, como vén sendo costume. O Comando Le é un grupo de activismo cultural dirixido a rapaces de rapazas de máis de 12 anos. Na súa programación inclúense sesións de club de lectura, encontros con escritores, obradoiros, charlas e debates, comentario de vídeos e películas, saídas e todas aquelas actividades que nos permitan achegarnos dun xeito crítico a diferentes temas desde linguaxes e expresións artísticas variadas. [...]
Actividades outubro 2025
28/09/2025
“Asasinato na casa rosa” inaugura a tempada do Sete Vidas
28/09/2025O próximo xoves 2 de outubro o Sete Vidas regresa tralo verán con novas lecturas. Inauguraremos a tempada coa novela Asasinato na casa rosa, de Arantza Portabales (Galaxia).  A inspectora Iria Santaclara, de baixa para atender o seu home convalecente, recibe a sorprendente chamada do millonario Ulises Villamor. O empresario cre que a súa muller foi asasinada hai catro anos e quere que a inspectora investigue os feitos, trasladándose á súa mansión en Loeiro porque sospeita que o responsable é alguén do clan familiar. A inspectora Santaclara e o seu antigo xefe, o comisario xubilado César Araújo veranse atrapados na rede de misterios, mentiras e intrigas que rodea á familia Villamor. Arantza Portabales Será ás 20:00 na Biblioteca Municipal de Gondomar. Contaremos coa presenza da autora. [...]
Papaventos Abismados despide a tempada do Daquelas que Len
20/06/2025O vindeiro sábado 21 de xuño o club Daquelas que Len despedimos esta última tempada coa obra Papaventos Abismados (Ed. Apiario), de Marta Dacosta, Premio de Poesía Filomena Dato, 2023. Marta Dacosta Un poemario intimista pero tamén de marcado carácter social e político que abrangue temáticas como o coidado, o amor, a culpa, a vellez e a preparación para a perda.  A obra achéganos á fraxilidade e vulnerabilidade humana e explora como a memoria e a identidade se desvanecen co tempo. Posiciónanos ante o propio espello daqueles que coidan e son coidados como forma de tomar consciencia da importancia dos coidados e a sobrecarga que soportan as mulleres. O encontro terá lugar ás 12h na Casa da Lectura (Donas) e contaremos coa presenza da autora. [...]
Lejos, no peche de tempada do Lecturas Debuxadas
14/06/2025O martes, 17 de xuño, teremos unha nova sesión do Club Lecturas Debuxadas onde a obra proposta é Lejos, da viguesa Alicia Jaraba (Nuevo nueve). Amanda e Ulises son a parella protagonista desta obra. Levan xuntos desde o instituto e que, están nun momento de encrucillada tanto a nivel persoal como profesional. Para buscar solucións emprenden unha viaxe na súa furgoneta camperizada. O cómic fala do día a día, dos medos, das inseguridades, das relacións,… Nesta ocasión e como vén sendo habitual no peche de tempada, a sesión terá lugar na Casa da Lectura de Donas ás 20:00h e contaremos coa presenza da autora. Agardámoste! O martes 20 de maio a obra que nos convocou foi Todas las mañanas de Javier Isusi. É unha obra chea de verdade, sensibilidade, respecto e realismo que deu para compartir e reflexionar sobre todas estas realidades escondidas e comprometidas coas que coexistimos Aquí tedes as fotos da sesión: [...]
Actividades xuño 2025
01/06/2025
Antonio M. Fraga visita o Lendo Contigo!
01/06/2025O venres 6 de xuño o club de lectura compartida Lendo Contigo celebra a última sesión desta tempada co libro Como escorrentar un lobo, de Antonio M. Fraga, publicado na editorial Cuarto de Inverno. Contaremos coa presenza do autor. Antonio M. Fraga Como escorrentar un lobo conta a historia de Noncia que no ano 1944, nunha Polonia ocupada polos nazis, recata dúas crianzas xudías do seu tráxico destino e agóchaas na súa casa. Para combater o medo, cóntalles unha increibe aventura da súa infancia, cando percorría os camiños acompañando ao tabor xitano ao que pertencía. Unha fermosa obra que vén de ser recoñecida, o pasado mes de abril, co Premio Follas Novas á mellor obra infantil.  A sesión será na Casa da Lectura ás 19:00h da tarde, e aproveitaremos para despedir a tempada cunha cea compartida despois da sesión. Agardámosvos para pechar esta tempada e despedirnos ata despois do verán! Na sesión do mes de abril lemos a adaptación teatral de Sarabela Teatro da historia: A cincenta que non quería comer perdices. Falamos do texto e, pola tarde, asistimos á representación da obra no Auditorio Lois Tobío. Podedes ver as imaxes na seguinte ligazón:  [...]
“Avelaíñas eléctricas pecha a tempada do Sete Vidas
28/05/2025O próximo sábado 7 de xuño o Sete Vidas pecha a tempada cunha sesión arredor da novela Avelaíñas eléctricas, de Sica Romero (Néspera Editora). Avelaíñas eléctricas preséntanos a historia de dúas rapazas que, rematada a carreira universitaria, intentan fuxir dos seus lobos, das súas sombras. A obra trata con delicadeza distintos temas universais e ancestrais, como son a violencia, o amor, a amizade, a responsabilidade, a ética ou a sexualidade. Sica Romero Será ás 12:00 na Casa da Lectura. Contaremos coa presenza da autora. [...]
Unha galiña despreocupada na sesión de despedida de Contos en Cueiros
26/05/2025O próximo venres 30 de maio ás 18 horas terá lugar a derradeira sesión desta tempada de Contos en Cueiros, o contacontos para nenos e nenas de 0 a 3 anos. O lugar será coma sempre a Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas), sede da Asociación Espazo Lectura.  Nesta derradeira sesión de Contos en Cueiros convidamos aos bebés e as súas familias a dar un paseo moi especial. Seguindo os pasos dunha galiña despreocupada, iremos na procura de novos contos, aventuras e cancións. Ao remate da sesión, como é tradición, despediremos aos nenos e nenas nados en 2022, convidándolles a continuar a súa andaina lectora a vindeira tempada en Contomar. A actividade precisa inscrición previa para poder respectar a capacidade da sala e o benestar dos asistentes á actividade. A entrada será, coma sempre, de balde. Criterios de inscrición: Contamos cun aforo limitado a 16 bebés acompañados de 1 persoa adulta. Os criterios de inscrición son os seguintes: – Terán prioridade os fillos/as de socios e socias de Espazo Lectura, por orde de inscrición. – Para inscribirse cómpreenviar un correo antes das 12:00 horas do mércores 28 de maio a contosencueiros@gmail.com e facilitar: o nome do bebé o ano de nacemento: nenos/as de 0 a 3 anos nacidos en 2022 ou despois o nome da persoa adulta que o vai acompañar un teléfono de contacto (para avisar en caso de quedar en lista de espera) en caso de ser socios/as de Espazo Lectura, o nome do socio/a – Lembrade que é importante facilitar todos os datos que se solicitan na inscrición.  – Todas as persoas que se inscriban deben esperar un correo de confirmación para saber se finalmente teñen praza (este correo de confirmación non se enviará antes do remate do prazo de inscrición). Animádevos a participar! [...]
“Todas las mañanas”: cómic número 150 do Lecturas debuxadas
16/05/2025O martes, 20 de maio, teremos unha nova sesión do Club Lecturas Debuxadas coa obra , Todas las mañanas de Javier Isusi, Astiberri (en colaboración coas asociacións FICE Spain, Agintzari e Resilis) “Ana e Laia son dúas amigas. Ana está casada con fillas e non solta xamais bocaladas, xusto ao revés de Laia. Ambas teñen un traballo que lles ocupa todas as mañás, todas as tardes, todas as noites. As 24 horas do día. Os 7 días da semana” Este cómic amosa mundos escondidos, realidades coas que convivimos e das que sabemos moi pouco. O obxectivo deste cómic é dar a coñecer un programa que busca que familias con membros cunha formación específica poidan acoller a nenos e nenas con graves danos emocionais. É unha obra chea de verdade, sensibilidade, respecto e realismo. A sesión terá lugar na Biblioteca Municipal de Gondomar ás 20:00h e, se non podes acudir, poderás participar mediante videoconferencia. Para recibir o enlace envía un correo a lecturasdebuxadas@gmail.com. Na sesión de abril gozamos dunha sesión compartida co Daquelas que len  coa obra “Xaora”, de Ana Moreiras que estivo con nós e iluminou moitos dos temas que aparecen na novela gráfica. Explicounos anécdotas, teimas e compromisos persoais que constrúen e dan sentido á obra. Agardámoste! [...]
Actividades maio 2025
10/05/2025
“Aprender a falar coas plantas” no Sete Vidas
05/05/2025O xoves 15 de maio o Sete Vidas reunirase de novo arredor da novela  Aprender a falar coas plantas, de Marta Orriols (Aira) con tradución de Isaac Xubín. A historia comeza o día que Paula Cid, unha neonatóloga de corenta e dous anos, perde a parella nun accidente de tráfico, só unhas horas despois de que el lle comunicara que estaba namorado doutra muller e ía marchar da casa. Xunto co dó pola morte a destempo, a protagonista enfróntase tamén ao rancor da traizón. Será ás 20:00 na Biblioteca Municipal de Gondomar. [...]
O Comando Le prepara actividades de animación á lectura
24/04/2025Este vindeiro sábado 26 de abril, ás 20:00h, os mozos e mozas do Comando Le xuntaranse de novo na Casa da Lectura. Nesta ocasión abordaremos a colaboración nas actividades infantís, preparando obradoiros e actividades que logo axudaremos a levar adiante en colaboración coas coordinadoras de Espazo Lectura. Coma sempre, cearemos xuntas e celebraremos o encontro. Na sesión de marzo acompañounos Josiño da Teixeira para facermos unha sesión de regueifa. Aprendemos moitas cousas sobre a orixe, as variedades e a técnica. Pasámolo moi ben coa retranca e a creación. Acudiron 14 comandoleirxs. Vémonos na Casa da Lectura o sábado 26 de abril! [...]
Mes do teatro no Lendo Contigo
24/04/2025Na sesión de abril do Lendo Contigo leremos un texto teatral da compañía Sarabela Teatro, A Cincenta que non quería comer perdices. Ademais, asistiremos á representación da obra que leva o mesmo nome e que parte dun conto de Nunila López no que revisa con humor o papel da muller durante moito tempo e que defende a liberdade. Será o sábado 26 de abril, ás 12:00h, na Biblioteca Municipal de Gondomar.  O mesmo día ás 19:00h acudiremos ao Auditorio Lois Tobío de Gondomar para asistir á representación desta obra de Sarabela Teatro. Para esta actividade contamos coa colaboración do Concello de Gondomar.  Agardámosvos!  No mes de marzo a lectura proposta foi Os ecos do vento (Kalandraka). Contamos coa presenza do seu autor, Antonio García Teijeiro, co que gozamos da poesía e do poder da palabra. Podedes ver as imaxes da sesión na seguinte ligazón:  [...]